2 de xuño de 2017

ORDE do 19 de maio de 2017 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2017/18.

Hoxé publícase no portal educativo a nova convocatoria PLAMBE: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170602/AnuncioG0164-220517-0006_gl.pdf
Lembrade que SEPARADO do tema das memorias do curso que remata, ábrese un novo proceso que é o de solicitar a continuidade no PLAMBE.Dependendo do tempo que levedes no PLAMBE teredes que enviar o ANEXO I de solicitude xunto coas LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN, ou (para os do último ano), que terán que enviar a maiores os anexos V e VI. 
Como novidade, entre outras, este ano os centros que se incorporaron nas tres primeiras convocatorias (2005, 2006 e 2007) poderán recibir asignacións para fondos e, tamén, para mobiliario e outros equipamentos. O resto, coma en anos anteriores, só para fondos, agás os da última convocatoria (2016) que recibirán tamén para mobiliario e equipamentos e para gastos de funcionamento. 
O prazo límite para enviar toda a documentación de solicitude continuidade é o 3 de xullo. RECOMENDAMOS que non o deixedes para o final, entre outras cousas porque os que veñen por correos e non veñen selados dentro, ao final, pode haber problemas e ficar fóra de prazo. 

Ningún comentario: