24/05/2017

Xadrez na Rúa 2017

Dobre cita a organizada pola Escola Xadrez Pontevedra para promocionar o seu deporte na cidade en plena Praza de España.
Alí instalarase unha carpa para acoller, en dous días consecutivos, unha nova edición do Xadrez na Rúa e do torneo Pontexadrez, que chega á súa oitava edición.
O primeiro destes eventos, destinados aos centros escolares, celebrarase o vindeiro venres 26, de 11:00 a 13:15 horas, con partidas simultáneas entre alumnos do CEP Campolongo, CEIP Vidal Portela, CEIP Xunqueira II e Colexio San Xosé.
Ese mesmo día, en horario de tarde, a Escola Xadrez Pontevedra manterá a actividade na carpa con obradoiros de xadrez impartidos polos mestres da escola.
Pola súa banda o sábado 27 de maio terá lugar o Pontexadrez, torneo ao aire libre que está incluído dentro do Circuíto Galego Escolar e que contará coa presenza de xogadores chegados desde diferentes puntos de Galicia e Portugal, desenvolvéndose desde as 11:00 horas.
Entre ambas as citas a Escola Xadrez Pontevedra espera congregar a preto de medio milleiro de xogadores.  Ver os nosos Equipos.  - Ver Fotos

Ningún comentario: