20 de xan. de 2017

«Científicas e enxeñeiras deben ir ás escolas e ser referentes para as nenas»

A investigadora da UPV Marta Macho quere que se anime ás mulleres para facer carreiras técnicas e alerta do «sexismo» no mundo científico.
A doutora en Matemáticas Marta Macho empapelou o seu despacho na Facultade de Ciencia e Tecnoloxía da UPV con fotos e biografías de científicas. «Hai que visibilizar o seu labor», defende esta investigadora que o pasado mes de decembro recibiu o premio Emakunde de Igualdade pola súa divulgación do papel das mulleres na ciencia e o seu traballo por atraer ás mozas aos estudos científicos. Defende que as investigadoras e enxeñeiras deben actuar como referentes das nenas nas aulas, e pide tamén que se lles anime en casa. «Ás nenas córtanselles moitas ás», lamenta.  Ler maís

Ningún comentario: