27/11/2016

20 novas palabras incorporadas á RAE

Fonte

A orixe do Venres Negro (Blak Friday)


O Venres Negro (Black Friday) derívase da escravitude. Foi o día despois de Acción de Grazas, cando os comerciantes de escravos vendíanos con desconto para axudar aos propietarios das plantacións con máis axudantes para o próximo inverno (para cortar e apilar leña, facer lume, etc.), de aí o nome.

Despois da escravitude a práctica foi abolida pero aínda era moi estendida na rexión de Mississippi durante a década de 1870. Os ex propietarios de escravos crearon esta físgoa como unha forma de continuar a escravitude dalgunha maneira. Eles presentábanse como donos da tenda e poxaban aos "Traballadores Negros" debido á necesidade de contar con máis axuda durante o inverno.
Non se proporcionaba ningunha compensación económica. Os escravos serían compensados con comida e refuxio, isto permitiu ampliar aínda máis a escravitude.
Habitualmente foi o día de maior movemento comercial de todo o ano desde o 2005.
No 2013, aproximadamente 141 millóns de persoas nos Estados Unidos compraron durante o venres negro, gastando un total de 57 400 millóns de dólares, con vendas da rede chegando a 1 200 millóns de dólares e a cifra crece cada ano.

Polo San Martiño trompos ó camiño



23/11/2016

Comeza a XVIII Edición do Salón do Libro de Pontevedra

Comeza a andaina do "Salón do Libro".  Esta vai ser a XVIII Edición. Este ano leva por tema "O mundo que queremos".
Con esta temática quérese englobar diferentes temáticas:  o medio, a saúde  a integración e a igualdade, a accesibilidade e a mobilidade, o respecto, a inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en todos os seus ámbitos, etc.
Haberá unha publicación propia como fío conductor, feita polo escritor Antonio Manuel Fraga e o ilustrador Jacobo Fernández Serrano, que nos contarán  as aventuras de "Escaquis e Romeu". A presentación do libro terá lugar o sábado 3 de decembro ás 12:45 h dentro do Cuturgal.   Ler máis.

Data de incripción: Antes do 22 de decembro: centro, curso e número de alumnos/as por curso que participe.
Data completos de incripción:  Antes do 18 de xaneiro. Formato do traballo, título, bibliografía ... ou algunha modificación de cursos e nenos.
Data límite para entregar os traballos: 3 de marzo.
O acto principal ou celebración das exposición dos traballos e obradoiros Terá lugar entre o 10 de marzo e o 2 de abril.   Folla de inscripción

25 de Novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller


Mañá venres, 25 de novembro, de 11:00 h a 11:30 h,  celebraremos conxuntamente os centros escolares de Pontevedra o "Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller". No  plano vese cal será a ubicación de  cada centro.
Por que este Día Internacional?
Debido a que:
A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos.
A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
A violencia contra a muller segue a ser unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.

20/11/2016

VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia - 18/19 novembro





Deixamos aquí algunhas imaxes e ligazóns  das xa finalizadas VII Xornadas das Bibliotecas Escolares  - Ver todos os materiais das xornadas

Artigos relacionados: Modelo de Biblioteca Escolar  - Andeis de Bibliotecas - Dereitos de autor - Outras imaxes das Xornadas    -  Ver Programa  - Leer.es  - Resumo no IES Pinguela


Concurso "De quen estamos a falar? "

O mes de novembro é declarado, entre outras cousas,  "Mes da Ciencia en Galego". Aproveitamos esta efeméride para comezar un concurso que denominamos "De quen estamos a falar?". Neste caso son todo mulleres científicas galegas.   Tes que descubrir o seu nome investigando. Se queres podes facelo nos ordenadores da Biblioteca. Esta fase do concurso está preparada para os maiores (5º e 6º). Máis adiante iremos incluíndo outros cursos e outras investigacións.

PD: Quen queira colaborar facendo fichas para novos  concurso que consulte o xeito de facelo na biblioteca.

Artigos Relacionados:  Manifesto do Mes da Ciencia en Galego  - Libros informativos relacionados coa Ciencia

Dereitos de autor


Andeis de Bibliotecas








Modelo de Biblioteca Escolar