31 de out. de 2016

Por que olen os libros antigos?

O cheiro dos libros antigos é o resultado de centos de compostos orgánicos volátiles (VOCs, polas súas siglas en inglés) liberados desde o papel ao aire. Ademais de inconfundible, este cheiro pode resultar moi útil para coñecer o estado de conservación dos vellos volumes, segundo un estudo que acaba de publicar a revista Analytical Chemistry. "Ulindo" os gases emitidos por 72 documentos antigos dos séculos XIX e XX cunha nova técnica chamada "degradómica material", un equipo de científicos británicos e eslovenos conseguiu identificar 15 moléculas volátiles que poderían ser bos marcadores para cuantificar de certo o risco de que se degraden a celulosa, a lignina (o polímero orgánico máis abundante no mundo vexetal, que desprende cheiro a vainilla), a fibra de madeira e outros compoñentes dos libros. Esta técnica non invasiva podería axudar ás bibliotecas e os museos para preservar unha ampla gama de obxectos baseados en papel, algúns dos cales se están deteriorando rapidamente debido á súa avanzada idade. Fonte

A que altura está o Ceo?


"Jorge Mira acaba de publicar en Alvarellos Editora ¿ A que altura está o ceo? , un novo libro de divulgación científica. Escrito en colaboración con María Canosa e ilustrado por Dani Padrón.

Na cuberta do libro podemos ler:
Velaquí  unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia:  Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras.
O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas:
¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo?
¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas?
¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?
¿Cal é a idade do universo?
¿E o seu tamaño?
¿Que quere dicir que o universo se expande?
¿E a que velocidade o fai?
¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?.."

Cabeceira 4- A partir de Santos 2016

Homenaxeamos:  a Carlos Casares por ser o homenaxeado das Letras Galegas 2017. A Roald Dahl polo seu centenario. A Agustín Fernández Paz  polo seu pasamento. Polo medio vai o libro "Un monstro vén a verme" de  Patrick Ness, e traducido ó galego por Agustín Fraga. 
Como frase escollemos : Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro"

Novembro - Mes da Ciencia en Galego


Con motivo do Día Mundial da Ciencia, que se celebrará o vindeiro día 10 de novembro en todo o mundo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pon en marcha o "Mes da ciencia en galego nas Bibliotecas".


Durante todo o mes de novembro terán lugar unha serie de actividades nas Bibliotecas Galegas que terán como denominador común a divulgación científica. Mostras bibliográficas, obradoiros, espectáculos, contacontos, charlas, conferencias, co obxectivo de achegar a ciencia a pequenos e maiores.

O manifesto deste ano vén da man da arquitecta galega Isabel Aguirre de Úrcola, gañadora entre outros do Premio Nacional de Arquitectura e do Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico.

29 de out. de 2016

Ciencia en Galego - Isabel Aguirre de Úrcola


"Isabel Aguirre de Úrcola "Isabel Aguirre de Úrcola é arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de Coruña e dirixe a "Escola Galega da Paisaxe" da Fundación Juana de Veiga desde a súa creación en 2008.

Nada en Vilagarcía de Arousa, conta con máis de 25 anos na docencia e investigación. Foi profesora titular na Universidade de Coruña e a súa experiencia docente esténdese a outras universidades españolas e estranxeiras.

Foi Premio Nacional de Arquitectura "Manuel da Dehesa" en 1997 pola rehabilitación do Parque de Bonaval en Santiago de Compostela, xunto ao arquitecto portugués Álvaro Siza. Recentemente, foi galardoada tamén co Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico polo seu traballo de recuperación paisaxística da contorna do Mosteiro de Caaveiro.

É membro do Comité de Directores da Escola do European Council of Landscape Architecture Schools  e expuxo  a súa  obra na Universidade de Harvard EEUU na exposición "Os 15 mellores Paisaxistas de Europa" no ano 2000. Ademais, encargouse das obras dos proxectos  dos Parques Oeste Vale/Grande e Parque Sur en Lisboa, e do proxecto de rehabilitación de Illa do Cobo ou A Illa dás Esculturas en Pontevedra.

Foi nomeada presidenta da Irmandade da Ribeira Sacra, cuxa finalidade é promover, recuperar e salvagardar  os valores culturais, históricos e  paisaxísticos da Ribeira Sacra. "

Artigo Relacionado: "Dia Internacional da Ciencia"

Pablo Auladell, Premio Nacional de Cómic 2016

 Pablo Auladell, Premio Nacional de Cómic 2016.
O xurado apreciou  «o valor artístico e a forza visual» na recreación que fixo o debuxante alacantino do clásico «O paraíso perdido» de John Milton.

Ver nova na prensa

O noso Samaín

O obxectivo, segundo explica a editorial, explicarlle ás nenas e nenos de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen, probablemente, da época prerromana. Trátase, polo tanto, de que os cativos comprendan a diferencia entre o recuperado Samaín e o ascedente Halloween norteamericano.

Máis

27 de out. de 2016

Orde do 13 de Outubro de 2016 - Resolución da Convocatoria do PLAMBE 2016-17


ORDE do 13 de outubro de 2016 pola que se resolve a  convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/17.  (CEP Campolongo: 1300 €)
.........   Cuarto. Os gastos realizados xustificaranse segundo o recollido nos puntos 1 e 2 do artigo noveno da Orde do 23 de maio de 2016, antes do 10 de xuño de 2017. Con ese mesmo límite de datas, deberá presentarse unha memoria de actividades segundo o recollido no artigo 9, punto 3, da orde de convocatoria para o acceso ao Plan de mellora. Desde o seguimento do programa poderase solicitar dos centros outra información sobre a situación da biblioteca ao remate do curso 2016/17, que complementará a memoria final.  (As bibliotecas escolares, deben ter, ademais, no orzamento "ordinario", derivado dos gastos de funcionamento do centro, de entre un 5% e un 10%, segundo as instrucións de comezos de curso da D.X. de Centros e Recursos Humanos)

Oitavo. Os centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares en virtude desta convocatoria están obrigados a integrar o logo oficial deste programa nos seus espazos web e nos documentos que difundan actividades da biblioteca escolar, para o que lles será remitido o correspondente arquivo desde a unidade de seguimento do programa. Da
mesma forma, a páxina web do centro deberá incluír, entre a información das súas instalacións, imaxes e unha descrición mínima da biblioteca escolar, así como dos seus principais  recursos e servizos á comunidade educativa.

Ver a nova en Bibliotecas Escolares

24 de out. de 2016

Lendo Braille no Día das Bibliotecas



No Día das Bibliotecas Escolares, o  alumnado de 1º recibiu o seu carnét de Biblioteca e un pequeno agasallo despois de visitar a Biblioteca e  ver unha curta do conto "O soldadiño de Chumbo". 
  Os maiores, entre outras cousas,  estiveron descubrindo a linguaxe dos cegos "O Braille" da man de Pablo R. e a súa muller. que  se ofreceron voluntariamente a explicarnos a todos todas as dúbidas que tiñamos sobre este tipo linguaxe.


  Ver fotos

Artigo relacionado: Pregón de Ledicia Costas no Día das Bibliotecas

Catálogos da Xunta para mobiliario e material didáctico

 Catálogo Mobiliario

Catálogo Material Didáctico

Ficha Solicitude de material  (ata o 26 de outubro)

22 de out. de 2016

As Palabras de Manuel María


Escóitanse as palabras da obra de teatro "Aventuras e desventuras dunha espiña de Toxo chamada Berenguela". Ver a obra representada polo alumnado do CEP Campolongo.

As palabras do Nobel 2016

Como cada ano desde 1901, os Premios Nobel destacan unha serie de descubrimentos, investigacións e achegas claves para historia da humanidade. O nome dos galardóns fai alusión ao seu promotor, o químico sueco Alfred Nobel.

As persoas ou entidades que reciben os premios en Medicina, Química, Física, Economía, Literatura ou no que ten que ver coa Paz, deixan, alén dos seus imprescindibles traballos, algún termo fundamental do ámbito no que foron recoñecidos.

No Portal das Palabras hai unha sección para xogar co léxico  onde atopamos este apartado de Palabras sobre o Nobel 2016,  onde están as  relacionadas co saber de cada un dos premios.

Artigo relacionado: As 5 cancións polas que Bob Dylan gañou o Premio Nobel de Literatura

21 de out. de 2016

Mulleres Bravas da nosa historia

Mulleres bravas da nosa historia será unha colección de libros infantís orientados a dar a coñecer unha serie de mulleres exemplares da historia da Galiza aos públicos máis novos.

Publicaranse a ritmo trimestral, e os dous primeiros títulos, que sairán xuntos, estarán dedicados a Rosalía de Castro e a María Victoria Moreno, exemplos senlleiros das nosas letras.

Cen anos con Roald Dahl

Roald Dahl .  Naceu en Galeso  13 de setembro de 1916 e falece en Oxford, o 23 de novembro de 1990 . Aos catro anos perdeu a seu pai e aos sete anos comeza o cole.
Traballou en África, foi piloto durante a segunda guerra mundial, onde foi derrubado en combate, despois de recuperarse marcha a Washinton, onde comeza a escribir as súas aventuras de guerra. 
A súa entrada no mundo da literatura infantil ven dada polos contos que lles narraba aos seus catro fillos.
A súa bibliografía é moi extensa, Entre as súas obras máis destacadas, e que seguro algunhas delas xa as coñecedes, están:
Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas, Matilda, Charlie e o grande ascensor de cristal,  O xigante bonachón Contos en versos para nenos perversos...

20 de out. de 2016

"Biblioburro" - 24 de Outubro Día Internacional das Bibliotecas Escolares

Este ano  imos celebrar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares lembrándovos  o afortunados que somos por formar parte dunha sociedade na que a cultura está tan e  perto de nós , e para amosárvolo facemos unha pequena homenaxe  achegándovos un fermoso vídeo dunha biblioteca rural nun país hispanoamericano.

"Dalle a Lingua" 2016 en Onda Cero Radio

Este xoves  20 de outubro de 2016 ,  o alumnado de 6º participou no programa "Dalle a Lingua" de Onda Cero Radio cos temas: "Can de Palleiro", "O Ártico Rompe", "Árbores senlleiras de Pontevedra" e varias Rúas de Pontevedra do Casco Vello. En total foron 10 sesións as gravadas. A duración de cada programa é de 3 minutos coa publicidade. Avisaremos cando se produza a emisións dos mesmos, pois de momento aínda os van editar, logo cando nos pasen o Audio poremos a ligazón neste artigo. De momento o que podemos ver son algúns traballos e, por suposto, as   fotos

19 de out. de 2016

"Os libros voadores" - Unha curta para o fomento da lectura

Coeducación

Vagalumes na escuridade

"Cada vez que meu irmán e eu liamos un bo libro, acendíase no noso xardín unha luciña: a luz dun vagalume. E como aos dous nos enchía de ledicia a lectura, en pouco tempo o noso xardín veuse asolagado de pequenas luces douradas.
 Era un auténtico tecido vivente e *mesto – cada talo de herba trocado nunha pequena lapa de lume- o que nos facía moita compañía nas tardiñas e solpores de inverno.
Nin meu irmán nin eu tiñamos a mínima sospeita de que, durante as horas que gozabamos da nosa lectura, se desenvolvese moi preto de nós unha auténtica loita. Endexamais se nos pasou pola imaxinación que os nosos *lucecús, empregando as súas *lufadas de luz como únicas armas , estivesen empeñadas en loitar contra a escuridade, que de sempre ameaza con afundir ao mundo. Primeiro os nosos veciños e axiña o resto dos habitantes da aldea comezaron a amosar estrañeza e a preguntarse por qué tódolos *cagalumes preferían pasar a noite no noso xardín, deixando na escuridade ao resto da aldea.
Por fin, un día, meu irmán reveloulles o noso segredo : - Somos nós os que atraemos as *lucernas ao noso xardín -dixo- . Facémolo grazas ós libros que lemos. A continuación expliqueille: - Todo bo libro é un *luceiro que alumea na escuridade e endexamais se apaga.
Os nosos veciños prestaron atención as nosas palabras e comezaron tamén eles a buscar bos libros. De alí a pouco tempo, xa se formaba cola para entrar nas bibliotecas da aldea. Vellos e mozos, homes e mulleres pedían libros. Comezara a hora marabillosa da lectura. E mira ti por onde, os xardíns anegáronse de *vellas das papas . Balcóns, corredores e tellados estaban cheos de pequenas luces. As follas das árbores, as liñas das estradas eran brillantes.
A torre da igrexa *escintilaba na escuridade. E entón .... Entón a constelación do libro descolgouse do ceo e pousou silandeiramente na praza da nosa aldea. Era unha agradable constelación , formada por luces delicadas, trémulas, que invitaban aos *vermes da noite. Descendían como tódalas cousas de valor eterno: o amor, a bondade, a identidade, a liberdade, a beleza, a tenrura, a xustiza, e a outros tantos valores que engaden profundidade ás nosas vidas e dan un significado ao noso atropelado paso a través do planeta.
 Meu irmán e eu seguiamos sendo entusiastas dos libros. A lectura gustábanos con tolería. Teriamos razón? Que pensa a xente? Sobre todo, que pensas ti?"

Vocabulario:
Asolagado, anegado: Inundado. Escintilaba: Emitir intermitentemente raios de luz. Silandeiramente: Silenciosamente Lufada: Golpe de vento. Trémulas: Indecisas, con medo. Mesto: Basto, espeso.
Outros sinónimos de vagalume:
* Corcoño, * Vella do caldo, * Coroceiro, * Vella dos valados

17 de Outubro - Día das mulleres escritoras


"Cando aumentan as criticas porque ningún dos premios Nobel de este ano é unha muller, e cando se ve que a porcentaxe de premiadas é ínfima en relación co total: 

- O premio máis importante da literatura en lingua castelán, o Premio Cervantes, só se concedeu en catro décadas, dende a súa institución en 1976 ata 2016 a 4 mulleres:  María Zambrano (1988), Dulce María Loynaz (1992) Ana María Matute (2010) e Elena Poniatowska (2013) frente a 37 homes. 
- O Premio Nobel de Literatura dende a súa creación en 1901 ata 2016 premiou a 16 mulleres frente a 99 homes.
O 17 de outubro temos unha nova día que celebrar: O Día das Escritoras, celebración impulsada pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas e a Asociciación Clásica e Modernas para a Igualdade de Xénero na Cultura. Esta conmemoración estréase este ano, será anual, o lunes seguinte á festividade de Santa Teresa (o 15-O). 
Para esta edición de 2016 seleccionáronse textos de 30 escritoras nas distintas linguas oficiais do Estado (Catalán, Castelán, Euskera e Galego) que soaron nas voces dun grupo de mulleres e homes "escritores en activo" no Auditorio da BNE na data da celebración.
Os organizadores deste día queren expandi este Día das Escritoras para que todas as bibliotecas do país se unan."  Fonte

18 de out. de 2016

Simonetta Vespucci - A muller máis fermosa do Renacemento

Cal é verdadeira historia escondida tras a protagonista do famoso cadro  "O nacemento de Venus".

Pintado por Sandro Botticelli entre os anos 1482 e 1484, este cadro constitúe o seu máis famosa obra e tamén unha secreta declaración de amor cara á bela modelo que interpreta á deusa Venus chegando á costa: Simonetta Vespucci.

A moza era filla dun nobre xenovés apelidado Cattaneo. Con tan só 16 anos casou co florentino Marco Vespucci, veciño e amigo de Botticelli. Cando o pintor coñeceu á nova, namorouse instantaneamente dela e converteuna na súa musa e modelo de multitude dos seus cadros.


A beleza de Simonetta pronto se estendeu por toda Florencia e mesmo os irmáns Giuliano e Lorenzo de Médici, mecenas de Botticelli, tentaron conquistala en numerosas ocasións. En 1475, durante a celebración dun torneo de xustas, foi proclamada "Raíña da beleza", o que fixo que a súa fama como a muller máis fermosa de Florencia estendésese por toda Europa.



Cando Botticelli perdeu á súa musa , apenas un ano despois, o 26 de abril de 1476, Simonetta Vespucci faleceu por mor da tuberculose. Apenas contaba con 23 anos. O pintor non puido soportar a perda da súa amada, e viviu o resto da súa vida obsesionado coa súa beleza, retratándoa en moitas das súas obras. Entre elas destaca o cadro "Venus e Marte", no que os deuses son representados por Simonetta e o propio Botticelli.


Case nove anos despois da súa morte, Botticelli finalizou "O nacemento de Venus", a súa maior homenaxe a Simonetta e cadro que, co paso dos séculos converteríase na súa obra máis representativa.

O pintor, que nunca casou, faleceu en 1510 e foi enterrado aos pés da tumba de Simonetta, na Igrexa de Ognissanti, tal e como expresara na súa última vontade. Quizá foi a única forma que atopou para poder pasar a eternidade xunto á muller máis bela do Renacemento. Un amor prohibido que marcou a carreira dun dos grandes pintores do Quattrocento italiano.

Fonte do artigo

17 de out. de 2016

Un ronsel de ardora

 Un ronsel de ardora,  é unha  pequena biografía da científica Ángeles Alvariño.
Este volume inaugura a colección "Mulleres galegas", editado por LELA Edicións que trata de achegar aos primeiros lectores a vida e a obra de mulleres relevantes nos diferentes campos.
Os autores, tanto do texto como da ilustración, Carlos Roberto Álvarez Taboada e Enrique Mauricio Iglesias forman o colectivo Polo correo do vento.

10 de out. de 2016

Un monstro vén a verme

O personaxe principal, Conor, tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara. pero unha noite atopou un monstro na súa ventá que lle vén solicitar o segredo máis oculto  e faino asumir a súa propia realidade. ......

Pola súa temática, a novela incorpórase ao listado de libros que tratan de superar  a enfermidade, a dor e a morte con valor e abrindo a porta á esperanza.
Aproveitemos a súa lectura en clubs, por exemplo, á par do visionado da versión cinematográfica, recén estreada estes días.

9 de out. de 2016

8 de out. de 2016

VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia - 18/19 novembro

Os días 18 e 19 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, terán lugar as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, a cita anual do profesorado interesado polas bibliotecas escolares, a lectura e as competencias en medios e información (ALFIN/AMI).

Ver Programa

LIbro DVD "Canta connosco" - Migallas


Libro DVD con bonitas cancións do Grupo Teatral Migallas. No vídeo poderás ver a presentación do mesmo.
Publica a Editorial Kalandraca

7 de out. de 2016

Dicas para facilitar cálculos

Clica na segunda imaxe para entrar na paxina.

Lectura matemática


Poemas Birollos

De Fran Alonso

Cepillo

Cepillo narra como un neno queda sen o seu can porque lle comeu o sombreiro ao pai. A mascota vai ser substituída por un cepillo, que nun exercicio de maxia e imaxinación, cobra vida e convértese no amigo fiel do protagonista. O relato remata coa frase: "Non é seguro que o sexa, mais merecería selo".
As relacións entre pais e fillos, o poder da imaxinación ou a importancia das mascotas son temas que aparecen neste álbum ilustrado, recomendado para primeiros lectores, que ben pode estar nas bolsiñas que veñen e van.

De Pere Calders e ilustrado por Carme Solé.

Catro títulos de referencia na literatura galega de temática artística


O retrato de Bia de Médicis, pintado por Bronzino, inspira O armiño dorme de Xosé Neira Cruz, publicado en Galaxia e Premio Raíña Lupa 2002. Tamén nesta editorial e tamén co mesmo premio na edición de 2013 está Reo,de Xesús Fraga, que nos fala da arte urbana cun graffiteiro como protagonista.

O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, publicado en Xerais e que foi Premio Lazarillo entre outros galardóns, recrea os últimos días do pintor Van Gogh.
Por último, unha das múltiples homenaxes que fai Agustín Fernández Paz ao cine: Fantasmas de luz (Xerais, 2011).  Ver en rede lectura

Imprescindibles - As Sinsombreiro (As Mulleres da Xeración do 27)

 En España, o ano 1927 está asociado á xeración de artistas e intelectuais máis fecunda do século XX. A denominada Xeración do 27 converteuse nunha das marcas artísticas máis recoñecidas que identifica un momento crucial (1923-1936) na historia cultural e social do país. O feito de formar parte desta Xeración permitiu que os seus integrantes oficiais, entre os que se atopan Federico García Lorca, Luís Buñuel, Salvador Dalí, Rafael Alberti ou Luís Cernuda, gozasen de popularidade e fosen obxecto de atención nacional e internacional.

Pero este recoñecemento só existe cara a eles, aínda que nesta explosión creativa tamén había mulleres: xurdiu a que fose a primeira xeración de mulleres que entrou sen complexos no mundo artístico.

Mulleres de gran talento, que compartiron entre elas amizade, reflexións e vivencias e que influíron de forma decisiva na arte e pensamento español e, nalgúns casos, debido á súa produción no exilio, nos estilos e xéneros de artistas internacionais. A Guerra Civil supuxo o fin desa Xeración, pero no caso delas supuxo tamén a súa condena ao esquecemento.

Reconstituida a democracia, os nomes dos seus colegas foron recuperados e enxalzados, mentres que os delas permaneceron en silencio, perdendo o seu lugar, de pleno dereito, dentro do relato oficial da Xeración do 27 e por conseguinte na historia. O documental  céntrase nas oito mulleres consideradas máis representativas:

ERNESTINA DE CHAMPOURCÍN (Vitoria, 1905-Madrid, 1999), poeta
- MARÍA TERESA LEÓN (Logroño, 1903-Madrid, 1988), escritora
- CONCHA MÉNDEZ (Madrid, 1898-México, 1986), poeta y editora
- MARUJA MALLO (Lugo, 1902-Madrid,1995), pintora
- MARÍA ZAMBRANO (Málaga, 1904-Madrid, 1991), filósofa
- ROSA CHACEL (Valladolid, 1898-Madrid, 1994), novelista
- JOSEFINA DE LA TORRE (Las Palmas de Gran Canaria,1907-Madrid, 2002), escritora, poeta y actriz
- MARGA GILROËSSET (Madrid, 1908-Madrid, 1932), escultora e ilustradora

Recursos sobre Maruja Mallo

Maruja Mallo - Homenaxeada no Día das Artes Galegas de 2017

Ver Recursos

2 de out. de 2016

1 de Outubro "Discurso de Clara Campoamor no Congreso pedindo que a muller puidera vortar"

"Señores deputados: lonxe eu de censurar nin de atacar as manifestacións da miña colega, señorita Kent, comprendo, pola contra, a tortura do seu espírito ao verse hoxe en transo de negar a capacidade inicial da muller. Creo que polo seu pensamento debeu de pasar, nalgunha forma, a amarga frase de Anatole France cando nos fala daqueles socialistas que, forzados pola necesidade, ían ao Parlamento para lexislar contra os seus.