24 de xuño de 2016

Herbas de San Xoan


O Portal das Palabras : "Chega o verán e co solsticio a noite máis curta e intensa. Estoura a natureza purificadora: a enerxía nocturna, o lume, as ondas, o orballo, as herbas, as augas… que nos preparan para unha nova vida, para un cambio de ciclo. Nesa noite as meigas e as mouras, e en xeral o escuro, fanse máis presentes. Para defendernos e para virar a sorte hai que saltar por riba do lume  ("Salto por riba do lume de S. Xoán, para que non me morda cadela nin can nin bicho vivinte que ande polo chan") , mais tamén podemos botar man das herbas.


Sete herbas ao resío, deixadas a macerar en auga de sete fontes nun cacho. Son case sempre plantas aromáticas e medicinais cunha distribución e dispoñibilidade non xeneralizada por todos os ecosistemas de Galicia, polo que a elección varía segundo o lugar. Un mínimo de sete, polo que facemos unha escolma das máis comúns " : codeso, estalote,  fento macho, fiuncho, herba das feridas, malva, romeu,   (Ver as sete  xuntas) 

 Outras que non tamén se utilizan dependo do lugar : o mexacán, a macela, a hortensia, o allo, o ourego, o loureiro, o velenoso trobisco ou matapulgas, as árbores amieiro, carballo e castiñeiro ou as follas das canas, laranxeiras, figueiras ou noceiras.

Ningún comentario: