25/04/2016

Quen me conta un conto? - "A árbore xenerosa" de Shel Silverstein





Contacontos: Diego, Clelia e Marta de 5º C
O libro está editado por Kalandraca

Os libros preferidos de 1º

  Polo día do libro houbo algúns cursos que se animaron a escoller un libro que lle gustara moito e facer a súa portada. Aquí temos algúns de 1º de Primaria.


Día do Libro 2016 - Vídeo da Actividade "Lectura colectiva no patio e do manifesto de Irina Bokova"

Ver o texto lido de da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.
Artigo relacionado
Máis sobre o Día do Libro

23 DE ABRIL. Día do libro. Lectura colectiva no patio


Ver máis fotos -   Ver vídeo do Acto

Como este ano o 23 de abril cadrou en sábado, decidimos celebralo o luns  25 . Fixemos unha pequena lectura colectiva no patio todas as titorias e rematamos o acto co Manifesto da Directora Xeral da Unesco falando da importancia do libro e a súa lectura. Nun principio pensou en ler o texto-agasallo que fixo Pedro Feijoo "Os libros son para valentes", pero como este xa o tiñamos posto en varios sitios da escola, sobre todo no Recuncho-Exposición, decidimos, por ser tamén unha Escola Asociada Unesco, ler tamén, o bonito texto de Irina Bokova, aínda que si lle fixemos un guiño a Pedro Feijoo, aprendendo en Yogote a frase "Os libros son para valentes".  Máis sobre o Día do Libro 

Gaza. Unha nena trata de recuperar todos os libros entre as ruínas

Unha imaxe para traballar tamén na aula.

24/04/2016

Debuxa unha escea do Quixote e explícallela a unha persoa cega

21 Concurso da ONCE no IV Centanario do QVIXOTE. Poderás atopar algunhas propostas de actividades para concienciar e sensibilizar ó alumnado con respecto ó mundo dos cegos.
Se clica na primeira imaxe atoparás 5 historias do Quixote:  - A dos muiños   - - A dos coiros de viño  - - A dos leóns -  A do barco encantado
- A do cabaleiro da branca lúa

Libros - Catro novidades da Editorial Galaxia

Colección Sopa de Libros
Feliz Feroz. O lobiño riquiño de El Hematocrítico
Catro cascarolos de Marilar Aleixandre

Colección Merlín
Manuel María. Vida versos e rebeldía de Manuel Veiga e Xosé Lastra
Poemar o mar de Antonio García Teijeiro

A familia Sachoconto. 5 - O pirata escacharrado


Escoitar máis

A familia Sachoconto. 4 - A xirafa dromedaria

Escoitar máis

A familia Sachoconto. 3- O monstro do canapé

Escoitar máis

A familia Sachoconto. 2 - A tía Rita

Escoitar máis

A familia Sachoconto. 1 - O dragón das palabras

Escoitar máis

10 libros para explicar ós nenos o drama dos refuxiados


23/04/2016

23 de abril. Día Internacional do libro

O sábado 23 de abril será de novo o Día Internacional  e Día Mundial do libro. A nosa mascota Xafi, propón facer unha lectura colectiva o luns 25 de abril no patio da escola no tempo de lectura despois do recreo.  Sentaríamos cada grupo en círculo como cando nos sentamos a comer as castañas no  Magosto ou como cando fixemos a Carrasquiña. Cada aula  elixe que ler e de que  forma . Xafi recomenda, a poder ser,  facerlle un guiño a catro dos persoeiros homenaxeados neste curso: Neira Vilas, polo seu pasamento . Manuel María, por ser o homenaxeado este ano no  Día das Letras Galegas. Ledicia Costas, por ser a homenaxeada este ano no Salón do Libro e Miguel Cervantes polo 400 aniversario do seu pasamento . Os libros ou contos  poderían traelos eles da casa.  Poderíamos rematar o acto lendo un pequeno texto de "Os libros son para valentes"
Xunto a esta actividade esta semana tamén imos intentar facer:
- Poñer curtas, contos, etc,   relacionados con estas temáticas  no vídeo  do corredor de abaixo.
- Lanzar a actividade "Foto lendo na natureza", onde cada nen@, voluntariamente,  presentará un foto lendo nalgún espazo ó aire libre.
- Facer a actividade do venres "Quen me conta un conto?" todos os días desta e da semana seguinte.
- Debuxar unha escea do Quixote para contárllela a un cego.
 - Exposición de libros nalgún dos corredores con libros de "Bichería" e tamén dos autores antes nomeados.
Por suposto Xafi acepta suxestións para que a comunidade educativa sega lendo para gozar e  loitar contra a ignorancia.
Artigo relacionado: O Día Internacional do Libro nas Bibliotecas Escolares
Ver Actividades doutras Escolas

O conto: "Don Quijote"

Pupurri de acticidades de Don Quixote



Xoga, escoita e enreda con D. Quixote

Actividades Día do Libro nas Bibliotecas Escolares


Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor


Non hai nada como un libro.  Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento.


Frank Kafka dixo unha vez: " Un libro debe ser un machada para romper os mares conxelados dentro da nosa alma" .

Xanelas á nosa vida interior, os libros son tamén a porta á comprensión e o respecto entre os pobos, máis aló das fronteiras e as diferenzas. En todas as súas formas, os libros encarnan a diversidade do enxeño humano, dando corpo á riqueza da experiencia humana, verbalizando a procura de sentido e de expresión que comparten todas as mulleres e todos os homes, que fai avanzar a todas as sociedades. Os libros contribúen a unir á humanidade como unha soa familia, compartindo un pasado, unha historia e un patrimonio, para forxar un destino común onde todas as voces sexan escoitadas no gran coro das aspiracións humanas.

No Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en colaboración coa Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreiros e a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas, isto é o que celebramos: o poder dos libros para fomentar a creatividade e promover o diálogo entre as mulleres e os homes de todas as culturas. Dou as grazas a Wroclaw (Polonia), Capital Mundial do Libro 2016, polo seu compromiso coa difusión desta mensaxe en todo o mundo.

Isto nunca foi máis importante, nun momento en que a cultura é obxecto de ataques, en que a liberdade de expresión se ve ameazada e en que a diversidade afronta un auxe da intolerancia. En tempos revoltos, os libros representan a capacidade humana de evocar mundos reais e imaxinarios e expresalos en palabras de entendemento, diálogo e tolerancia. Son símbolos de esperanza e de diálogo que debemos valorar e defender.

William Shakespeare morreu o 23 de abril de 1616, só un día despois que Cervantes. Neste día, fago un chamamento a todos os asociados da UNESCO para compartir esta mensaxe: os libros teñen o poder de contrarrestar o que Shakespeare chamou «a maldición común do xénero humano, a necedade  e a ignorancia».

Obras de Manuel María - Liña no tempo


Manuel María na CGEDNL


22/04/2016

Preguntas para a Atuavaliación das Bibliotecas

Bibliotecas escolares ¿entre interrogantes?

Máis: Ver un  formulario para Primaria

"Nena e o mar" de Érica Esmorís


Premio Merlín de Literatura Infantil de Xerais coa novela Nena e o mar. 

A CDU - Como etiquetar

 CDU (Clasificación Decimal Universal)

Como etiquetar.  Ver PDF completo

Máis en Formación do Usuario

Exemplo dunha CDU utilizada como recursos virtuais


Teatro - Adaptación en PDF de "Barriga Verde" de Manuel María

                                                                       


 Ver adaptación en PDF

Os libros son para valentes!