20/01/2016

BiosBardía - Revista Dixital de Libros en Galego


BiosBardia é unha revista dixital sobre libros en galego. Publicamos noticias e reportaxes. Tamén entrevistas e críticas, tanto sobre libros en galego coma noutros idiomas, tanto sobre literatura coma de calquera outro tema que consideremos de interese para mellor coñecermos o que sucede.

O CARRO. Cantando a MANUEL MARÍA.


Versión con Mini e Mero

17/01/2016

Libro-cd de música infantil "EN CABÁRCENO SE SIGUE CANTANDO"


Do mesmo xeito que no primeiro título desta serie: En Cabárceno óese cantar, outros dez animais cobran vida ao ritmo da música deste libro. Un novo percorrido pola fauna e os sones dos cinco continentes.

12/01/2016

"Mujeres silenciadas en la Edad Media"

Este libro recolle a vida das mulleres na Idade Media e recupera as biografías dalgúns nomes propios excepcionais. Máis aló das raíñas ou as santas máis coñecidas, como Leonor de Aquitania ou Juana de Arco, nos séculos medievais despuntaron outras mulleres en ámbitos tan dispares como a música ou a ciencia. Escritoras da talla de Cristina de Pizán e a excepcional Hildegarda de Bingen, ou doutoras como Jacoba Felicié, reaparecen nesta obra reivindicando o seu lugar na historia.

Máis na páxina web da autora

"Galicia, nosa ledicia"

O libro póstumo de Neira Vilas, Galicia, nosa ledicia, é unha obra escrita en verso para os nenos na que se lles rende tributo á alma imortal e á historia do país.

Ver nova na prensa

10/01/2016

Máis de 130 libros didácticos en PDF gratís para docentes

Programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

O Portal Educativo publica a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 10 de decembro de 2015, pola que se convoca o programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS para o curso 2015/2016. Este programa, destinado a centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Consellería de Política Social) e inclúe varias accións:

*Selo "Biblioteca Escolar Solidaria"
*Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria)
*Voluntariado de Lectura-A (Primaria)

Concurso Escolar sobre Os Dereitos Humanos

Co fin de promover o coñecemento dos dereitos humanos entre os escolares españois, a Defensora do Pobo e a ONG Globalización dos Dereitos Humanos convocan o XIII Concurso Escolar de debuxos Defensor do Pobo 2015-16.

O prazo de entrega remata o 31 de marzo.

Ver as bases

Ver cales son Os Dereitos Humanos. (Páxina da ONU)

A nova no blog da REGAU

07/01/2016

Xogos de lingua (Palíndromos)

SOS, Editado por primeira vez no ano 2008, recolle un conxunto de textos simétricos cun carácter entre poético e filosófico. O volume preséntase case como un obxecto de artes plásticas: unha caixa que contén 28 láminas serigrafadas en cores e materiais diferentes, interactuando co concepto de cada palíndromo.

01/01/2016

RECITAL POÉTICO DE MANUEL MARÍA

A parábola do picaflor

O bosque está ardendo, e, mentres todos os animais foxen para salvar o seu pelello, un picaflor recolle unha e outra vez auga do río para vertela sobre as lapas do lume.
 - "É que seica crees que con ese pico pequeno vas apagar o incendio?", pregúntalle un León.
 - "Eu sei que non podo só", responde o paxariño, pero estou a facer a miña parte." Betinho