28/10/2015

Uxía, coñece a súa tía

A EDITORIAL TRYMAR acaba de publicar o conto infantil UXÍA COÑECE Á SÚA TÍA, de Pablo Morell, autor que xa leva varios anos adicado é escrita para nenos e nenas. Nesta ocasión relata a historia dunha nena galega e o seu irmán con síndrome de Down frente ás contradiccións do mundo dos adultos.

Está escrita con vistas a mantelas nenas na lectura á idade de 9-12 anos, posto que nesta idade lles custa atopar referentes literarios femininos en lingua galega. Ademáis, posto que está pensado para manter a personaxe nunha serie de libros, utilizará as anécdotas, os contos e as historias que os nenos e nenas queiran enviarlle con vistas a integralas nos seus libros. Deste xeito, poden atopar nas súas páxinas un estímulo e unha referencia para animalos á lectura. Pódese coñecer unha mostra das historias de Uxía no seu blog.

26/10/2015

4 aplicacións para crear fotomontaxes

A noite das mudanzas CEP Campolongo

Ranilda

A viaxe das bolboretas

Material para traballar no Samaín

Se clicas na imaxe irás á un pdf con moitas fichas para traballar o Samaín.

Se queres ver máis: contos, xogos, vídeos, podes clicar na Etiqueta do Samaín do blog Ghafos da nosa escola

Ver por exemplo:  "A historia do Samaín"

Un resumo podes ver no artigo "Samaín 2014"

Os difuntos falaban castelao

Suxerencias de Kalandraca para traballar o lema deste das Biliotecas Escolares

Clica na imaxe para ver as suxerencias de Kalandraca para traballar no lema deste ano das bibliotecas escolares "Biblioteca Escolar Base de Exploración"

O xogo de Samaín


Conto: "Indo para o Samaín"


Máis sobre o Samaín

25/10/2015

Mochila Viaxeira para os 3º e 4º


Comeza a aventura da Mochila Viaxeira no Día das Bibliotecas Escolares.
Aquí temos os libros de 3º  e 4º :
- Para os nenos/as
- “Os soños da gaiola” de Manuel María
- Para pais e nais:
- “Que me queres amor?”  Manolo Rivas

- Conto Galego do século XX”. De Luís Alonso Girgado

Ver a Mochila Viaxeira dos 1º  e  2º



A Mochila Viaxeira do 1º Ciclo

1º  A: - “A  LÚA  LADROA”   OQO  (11992)
-  “ SI,  POESÍA “  (10226)

1º B:- “MARUSA”  OQO  ( 11993)
- “ POEMS  CON  PIRULETA” (10221)

1º C:- “ A  POTA  QUE  TROTA”  OQO  ( 11981)
- “ MOUCHINO  MOU”  (8392)


2º A:- “ A  COCIÑEIRA  DO  REI”  OQO  ( 12174)
- “ ANIMAL  FUN” (12018)

2º B:- “ RÚA  DA TIXOLA”  OQO  ( 11994)
- “  A  RAÍÑA  DE  TURNEDÓ” (12019)

2º C:- “ A  SOPA  QUEIMA”   OQO  (11997)
-  “ TREMENDO  UNIVERSO,  LAS  MATES  EN
        VERSO” (12033)

PAIS/NAIS: “ Anagnorise” (Mª Victoria  Moreno)

O venres 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas, tamén comezou "A Mochila Viaxeira" da escola, onde estes contos e historias que vedes aquí rularán por todas as casas dos de 1º e 2º durante este curso.

Ver a Mochila Viaxeira de 3º e 4º

O Tío Lobo - 24 Outubro Día Internacional das Bibliotecas


Vídeo onde se recolle o conto do Tío Lobo, que se lles dramatizou ós de 1º no seu Día de Día Internacional das Bibliotecas (24 de 0utubro).
Presentación da Biblioteca . Tamén  se meteron algunhas fotos que se fixeron  con Xafi, a mascota da Biblioteca , no

Artigos relacionados con este Día:

Ver algunhas fotos

Máis sobre o Día Internacional das Bibliotecas

Ler o Pregón do 2015

Reparto da Mochila Viaxeira

Escoitar o conto do Tío Lobo en portugués


O conto de Tío Lobo en Portugués

23/10/2015

PDF Traballar as emocións: "O medo"


Samaín: A Festa das Caliveras


Con este libro, o autor rescata do esquecemento a tradición milenaria do tallado de cabazas en Galicia. Este costume tradicional, que ata este momento non fora estudado convenientemente, relaciona a cultura galega con outras do ámbito atlántico e da antiga zona celtibera. Trátase do primeiro estudo antropolóxico que sobre este costume e as súas orixes atlánticas se realiza en Galicia. Tamén describe o autor a evolución e consolidación da festa de Samaín que se puxo en marcha en Cedeira hai máis dunha década. Finalmente conta cunha Unidade Didáctica que será de grande axuda para fomentar e coñecer esta tradición en todas as escolas de Galicia

Danse Macabre

24 de outubro "Día Internacional das bibliotecas escolares"



Este venres  celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares . Loxicamente adiantámolo por ser  o día propio  o sábado o  24,  día non lectivo.  Fixemos  fotos con Xafi, a mascota da biblioteca, e a mestra Reyes léulles   un conto ós  de primero, entregándolleles  a cadaunseu   correposdente carné da biblioteca. O conto que escoitaron foi o do Tío  Lobo.

Ver máis fotos

21/10/2015

Catálogo de Libros Galegos editados pola Xunta de Galicia

Clica na imaxe para ver algúns dos moitos libros en galego con unha pequena ficha dos mesmos.

Pregón 2015 - 24 de outubro, Día Internacional da Biblioteca

"Con motivo do Día da Biblioteca, quero compartir convosco un segredo: o Coello Branco case sempre ten présa. Quizá algúns pensedes que isto non ten moito que ver coas bibliotecas e que, ademais, como secreto, deixa bastante que desexar.
 Alicia no País das Marabillas publicouse hai 150 anos, e desde entón os lectores de todo o mundo souberon que o coello chega tarde, demasiado tarde, e por tanto ten présa.
Recoñeceredes, iso si, que non é un coello calquera. Que saibamos, este é o único coello que usa chaleco e reloxo de peto, o cal expón unha incógnita: se ten reloxo, por que sempre chega tarde? Quen é culpable da tardanza? O coello ou o seu reloxo? Os expertos non se puxeron de acordo sobre este punto, que provocou graves discusións entre veterinarios e reloxeiros. E se se alude ao chaleco, é aínda peor. Só hai unha cousa máis perigosa que unha discusión entre un veterinario e un relojero, e é unha discusión entre un veterinario, un relojero e un xastre. É mencionar o asunto e se desenvainan todo tipo de agullas (hipodérmicas, de coser e de reloxo).
Así que mellor volvamos ao segredo. O Coello Branco case sempre ten présa. Corre porque ten medo de que a Duquesa e, sobre todo, a Raíña de Corazóns ordenen que lle corten a cabeza. Pero vós, que aínda conservades a vosa, concentrádevos nese case. É a clave, o segredo mellor gardado do País das Marabillas. Case sempre. Cando non ten présa o Coello Branco? Só cando visita un pequeno edificio escondido tras as árbores do bosque: a biblioteca. O coello tómase o seu tempo para esculcar entre os abarrotado andeis. Ten un libro en mente pero, cando se achega a collelo, non pode evitar fixarse no tomo que o precede, e no de máis alá (e, como xa sabedes, nunha biblioteca, o libro de máis alá é ao mesmo tempo o libro de máis acá doutro libro que está ao seu lado...). Demasiadas opcións. Leva tempo elixir un libro. O coello sabe que se atopa no fogar da lectura, e a lectura é un pracer que se goza sen présa. Aínda que ninguén mencionase antes esta biblioteca secreta, non o dubidedes, hai unha nese estraño mundo que visitou Alicia. Non pode ser doutra forma. Pois a pesar de contar  co Sombrerero Tolo, o Gato de Chesire e a Eiruga Azul, a pesar de todos os animais fantásticos  e as extraordinarias cousas que alí suceden, todo iso non é  suficiente para gañarse o nome que ese mundo ten. Un lugar nunca podería chamarse País das Marabillas se  entre as súas marabillas non se contase unha biblioteca"
Diego Arboleda  (Tradución ó galego de Xafi)

20/10/2015

19/10/2015

Arredor de Manuel María


Blog específico de Manuel María aberto para que toda a comunidade educativa colabore. Na etiqueta "O que anda pola rede" pódese  atopar moita información.

16/10/2015

Novidades Kalandraca 2015-16

Código para insertar actividades edilim nun blogue

Ver e copiar o texto

6 novos tomos da colección "Os bolechas"

As tarefas da casa
A música
A historia
Os animais salvaxes
Os océanos
A cociña

Canto dos paxaros

Canta o merlo na silveira;
O cuco, no carballal;
O xílgaro, no loureiro;
O paspallás , no trigal…
¡E eu tamén quero cantar...!


Canta o corvo, como el sabe,
Por todo o seu piñeiral,
Na procura da ribeira
Onde poder mariscar…
¡Xa vou romper a cantar..!


Canta o moucho, canta o moucho,
No faiado do casal,
Os amores do veciño
Coa veciña de portal…
¡E eu tamén quero cantar..!


Os gorrións cantan sempre,
Que un ben pode tolear
Con tanto gorrión cantante
Por unha esmola dun gran…
¡Xa vou romper a cantar..!


Canta a pega onde se atope;
A pomba, no seu pombal.
Non sei se catou o galo, 
Reloxo pra o despertar…
¡E eu tamén quero cantar..!


Postos a cantar, cantemos:
Cantemos, todos á par,
Unha boa muiñeira,
Desas de poder bailar…
¡Xa estou rompendo a cantar..!:


“Unha noite no muíño,
Unha noite non é nada,
Unha semanita enteira
Esa si que é muiñada…”


Poderíase cantar coa música de "Teño un amor en Rianxo"

15/10/2015

"O bicheiro" de Luís Dávila

Libro de humor das viñetas que diariamente publica o gran humorista Lúis Davila.

Ver o seu blog

"Bala Perdida" de Manolo Rivas

Bala Perdida é un vello pirata dos últimos que navegan polo Atlántico europeo e Rosa Ribeiro é unha xornalista moi nova e valente que dirixe o Celtic News, un xornal moi peculiar. Cando escribe utiliza o pseudónimo Ganso Salvaxe. Bala Perdida coñece a Ganso Salvaxe e amósalle o tesouro maldito gardado nunha grandiosa cova mariña. Aquel tesouro era parte da riqueza roubada polos nazis a prisioneiros internados nos campos de concentración.
Pero non era un tesouro como os demais, senón que procedía de fundir os dentes e as moas de ouro arrincados aos miles de prisioneiros xudeus asasinados con gas e logo queimados nos fornos do campo de concentración. Antes de terminar a guerra esta parte do botín nazi foi cargada nun submarino e levada a un lugar de África. Alí permaneceu oculta ata que o malvado Herr Doktor, único sobrevivente coñecedor do segredo, volveu para recuperar o tesouro.
Bala Perdida quere atopar aos descendentes das vítimas e devolverlles o ouro maldito. Para iso necesita que Rosa conte a historia de tesouro no seu xornal. E así o fai a moza. Ao decatarse o malvado Herr Doktor, Rosa é secuestrada e a punto está de morrer nun manicomio. Menos mal que Bala Perdida e os seus homes non están dispostos a consentilo.

12/10/2015

O Carballo con botas

Colección "Libros Plantabosques", da Ed. Sotelo, no que se pretende divulgar o compromiso da edición co bosque (de onde veñen os libros) editando libros en papel reciclado e  por cada libro vendido unha árbore plantada. 

 Dedicación do autor: 

 "Dende o alto das árbores, rodeados de carballos, teixos, acivros, aciñeiras, sobreiras, bidueiras...., unha forte aperta de outono que é un verdadeiro patrimonio da humanidade, un canto á beleza, un museo pictórico o aire libre, un concerto, unha sinfonía de follas, un ballet do vento.... en fin, todo...e gratis.."

Dende aquí animamos a todos a facer esta experiencia que nos indica este marcapáxinas, as árbores podémolas donar despois ou plantalas nós mesmos no monte.

Poderíamos gardar no cole as botas?



Son precisos os medios públicos Galegos?

06/10/2015

Asmir no quiere pistolas

Asmir é un neno musulmán que vive en Saraxevo, cidade que a guerra converteu nun verdadeiro inferno. Xunto ao seu irmán, a súa nai e a súa avoa, consegue tomar un avión que os leva ata Belgrado. Con todo, o seu pai tivo que quedar atrás... e eles só estarán a salvo cando cheguen a Viena. Asmir odia a guerra.

Na escola temos o libro en castelán

Sopa de Europa

Sopa de Europa é unha obra narrada no seu maior parte en primeira persoa por alumnos  de unha clase que, despois de gañar un concurso  sobre Europa, elaboran unha redacción sobre  un dos países. Cada redacción será unha sorpresa de humor.

Na biblioteca da escola témolo en castelán.

05/10/2015

Eleanor Roosevelt

Eleanor Roosevelt foi unha das personalidades máis notables do século XX, e posiblemente a muller que, desde cargos institucionais, máis influencia tivo na vida pública antes da revolución feminista dos anos sesenta.

Escarlatina

A novela "Escarlatina, a cociñeira defunta" (Xerais), de Ledicia Costas (Vigo, 1979), obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2015. Trátase, segundo o xurado dunha  obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo seu humor arrepiante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte.

Ver nova na prensa

Frederick

Un libro de poesía para todas as idades. Unha das formas máis fermosas  de explicar o valor social dos poetas e da poesía.

 A historia en inglés


  Disponibilidade en varios idiomas en Kalandraca

Os novos retos da educación| César Bona | TEDxBarcelona

03/10/2015

5 de outubro - Día mundial dos docentes


5 de outubro:  "Día Mundial dos docentes"

Queres inscribir un evento ou mandar unha mensaxe para o teu mestre?

Ver na wikipedia

Declaración de Incheon:   "Velaremos por que os docentes e os educadores estean empoderados, sexan debidamente contratados, reciban unha boa formación, estean cualificados profesionalmente, motivados e apoiados dentro de sistemas que dispoñan de recursos suficientes, que sexan eficientes e que estean dirixidos de maneira eficaz"

Lema do 2015:  "Empoderar al profesorado para construir sociedades sustentables"
Ver lemas de anos anteriores