10/04/2015

Seres galácticos facendo un roteiro matemático pola Casco Histórico de Pontevedra


Clica na segunda imaxe para ver as historias dos seres galácticos que visitaron o casco histórico da nosa cidade en Pontevedra. Traballos feitos polo alumnado de 3º durante o curso 2014-15 para o Salón do Libro.
Estas historias tamén as podes ver e ler no libro que se fixo na biblioteca da escola.

Ver as fotos do paseo

As máquinas dos de 4º de Primaria


Clica na segunda imaxe para ver as máquinas e a súa explicación de como funcionan

09/04/2015

2015 Ano Internacional da Luz

Máis sobre o 2015 Ano Internacional da Luz no blog das Escolas Asociadas Unesco

Circuito electrico con vinagre

O vinagre ten multitude de usos; ademais de aliño, serve como conservante de alimentos, como repelente de mosquitos, de artigo de limpeza, debido ao seu carácter ácido, reacciona co carbonato cálcico polo que tamén é usado para a limpeza de cal en pequenos electrodomésticos como cafeteiras. Grazas a este carácter ácido e a súa facilidade para adquirilo puidemos facer un experimento entre a relación da reacción química e  corrente eléctrica:

O obxecto da electroquímica é estudar a relación entre as reaccións químicas e as correntes eléctricas ás que estas reaccións poden dar lugar en determinadas circunstancias, así como a conversión de enerxía química en enerxía eléctrica e viceversa.
As pilas caseiras funcionan a partir dunha reacción química que produce unha corrente eléctrica. O vinagre, normalmente, é ácido acético máis auga. Este provén do alcohol dun viño grazas á fermentación dunhas bacterias que lle gustan o osixeno para vivir ( os biólogos chámanas bacterias aeróbicas). Canto máis calidade teña o viño, mellor será o vinagre. Hai moitos tipos de vinagres; de tipo industrial, de alcohol, de Xerez.....

No vídeo podemos ver como o alumnado de 6º elaboraron varios circuítos, en especial o feito con vinagre.