18 de out. de 2014

13 de out. de 2014

O río da memoria

CALROS SOLLA pariu un novo libro que ten como fío condutor o río dos Gafos.

 TÍTULO : O RÍO DA MEMORIA.
 Cartafol do río dos Gafos. (1745-1970)

 EDICIÓNS:  MORGANTE

Nº DE PÁXINAS:457

ILUSTRACIÓNS:330

PREZO: 20 EUROS

Libro relacionado co río Gafos e tamén de Calros Solla:

Andar Primeiro de Río

12 de out. de 2014

DOUS LIBROS GALEGOS ENTRE OS MELLORES DO MUNDO

A Feira Internacional do Libro de Fráncfort presentou esta semana o catálogo White Ravens, un listado das mellores 200 obras de todo o mundo para o público infantil deste ano. 

Entre os sete títulos españois que figuran, dúas son de editoriais galegas: "Galiño pelado", na súa versión en castelán, de OQO; e o álbum "Nicomedes o pelado", de Kalandraka.

Este último, ademais, en galego, é o único libro incluido na White Ravens editado nunha lingua cooficial do estado español distinta do castelán.

9 de out. de 2014

Ollos de Áula Nª 16 - Revista para as familias

Clicando na imaxe poderás atopar os seguintes artigos:

- Como se crea o hábito nos nenos?
- Nova lei de educación. Os novos cambios no curso.
- Que é a aprendizaxe por proxectos?
- Un menú rico para a lingua
- Libros e recunchos recomendados.
.......

Números anteriores

4 de out. de 2014

Refraneiro do mes de outubro

Primeiro vótalle unha ollada a estas datas, e logo le os refrans específicos do mes de outubro,  porque tamén hai moitos sobre o outono.


San Francisco, 4 de outubro.  

Os Remedios, o segundo domingo de outubro;

O Pilar, 12 de outubro.

San Lucas, 18 de outubro

San Xudas e San Simón, 28 de outubro.

San Quintín, 31 de outubro.



- Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
- Por san Francisco, risco, risco. Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
 -  En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.

- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendotes.

- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.

- Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas.
- Polo san Lucas saben ben as uvas.
- Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.

- Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son

- Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño.
- Polo san Simón, áncoras ó fondón.
- Por san Simón a xeira do cogordón.
- Por san Simón cada moneda vale un doblón.
- Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- Por san Simón o néspero se repón.
- Por san Simón, aperta o baldón.
- Por San Simón, camiñar si, navegar non.
- A verdura de San Simón dá pro (para o) amo e mais pro (para o) ladrón.
- Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
- As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
- As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.

- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.

- Por san Quintín castañas ó rolín.

- A lúa de outubro a sete cubre, e se chove, nove.
- A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
- En outubro, a terra esterca e cobre.
- En outubro, non molesta o lume.
- Outubro viñateiro, pai de bo xaneiro.

Nota:

 - Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
-  "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.

Neste mes entrarían tamén moitos dos refráns que hai sobre o outono, que tanto pode ser chamado estación ou mes  do ano.

Ver tamén curiosidades de outubro.

Taller matemático de primaria


Taller de matemáticas para o alumnado de Primaria no "Wikiespacio" (en castelán).

Atoparás unha morea de actividades para as distintas idades que comprende a Educación Primaria (6-12 anos).

Temos a ligazón tamén en "Estación vella". O blogue do 3º ciclo da escola.