27/01/2014

DENIP - Día Escolar da Non Vilencia e da Paz - 2014


Clicando na imaxe atoparás un PDF con diferenes ligazóns, en cor azul para ver (videos)  e ler un pequeno resumo dalgunhas das actividades que fixemos para o DENIP (Día Escolar da Non Violencia e a Paz) no noso centro (agás a Carrasquiña). O PDF utilizouse para facer unha "webvinar" con diferentes centros da península, expoñendo todos algunhas das cousas que se fixeron durante algún dos últimos cursos  , por iso nós tamén incluímos o baile da Carrasquiña polo éxito que tivo esta danza no curso pasado.

Artigo relacionado: Pombiña que escribes co peteiro Paz

Páxina web con interesantes actividades para esta semana da Paz. 

26/01/2014

Bos días Princesa

Unha curta onde se manifesta a importancia da implicación no aprendizaxe

19/01/2014

Pombiña que escribes co peteiro paz


Pombiña que escribes
 co peteiro paz,
 debuxa no ceo
 as algas do mar.

 Escribe un poema
 cos versos de sal
 e cóntalle ó vento 
historias do val. 

 Pombiña que escribes
 co peteiro paz.
 Rebule algareira
 aquí no pombal.


Unha das poesías que estamos a traballar neste curso para o DENIP (Día Escolar Non Violencia e da Paz) é esta de Antonio García Teijeiro.  Os de 3ºC recitarana o día 30 acompañada dos códigos do YOGOTE.

A pomba é a que debuxou Pablo Picaso.

Ver tamén citas traballadas nesta clebración  de Nelson Mandela.