30/04/2010

Ó Maio

Coma todos os anos empezamos a facer o Maio no cole, e mañá iremos a Ferraría a cantalo a partir das 11, virás con nos?

  ANÍMATE!!!!!!!!!


Estas son as coplas que imos cantar:


Pontevedra ponte leda
nesta mañá floreada
aquí chega o noso maio
que espertou na madrugada.

Campolongo é noticia
no eido da educación
adxudican máis rapaces
sen facer ampliación

Van ordenar a paisaxe
e tamén o litoral
ratifican o desastre
como algo natural.

Cun adeus nos despedimos 
na fermosa Ferraría 
Campolongo xa se marcha 
co folgar do mediodía.


Para ver as fotos da elaboración do maio por parte dos alumnos e alumnas preme aquí.

27/04/2010

Neste día POESÍAS!!!!!!!

O 23 de abril fixemos un maratón de poesías e limos ou  recitamos poesías ós nosos compañeiros.
Para ver todas as fotos fai un click aquí.

21/04/2010

23 de abril.

Para aprender mais sobre este día preme na foto.

Escolma de poesías de Uxío Novoneira.

Se che apetece ler algunha poesía preme na foto.

Uxío Novoneira

Actividade LIM sobre Uxío Novoneira, dedicada para o segundo ciclo de educación primaria.
Para acceder preme na foto: