29/10/2009

O aniversario de Xafi.



Coma todos os anos, os nenos e nenas de educación infantil e o primeiro ciclo de primaria acordáronse do meu aniversario e viñeron a celebralo cun contacontos na biblioteca.
Entregueilles o carnet co seu nome e número para que poidan vir nos recreos a coller un conto para levalo a casa e lelo coa familia.
Así dei comezo a unha nova andadura polos libros de contos que lles amorasán miles de aventuras. Espero despertar en todos a gañas de divertirse lendo os marabillosos contos que se agochan neste recuncho do cole.
Moitas grazas rapaces, pola vosa ledicia e participación, espero que vos divertírades tanto coma min. Un bico.



23/06/2009

A despedida de Xafi.

O venres 19, Xafi deunos uns agasallos aos nenos e nenas de Educación Infantil, como premio por ter sido tan bos lectores durante todo o curso, e para que o sigamos sendo nos cursos seguintes.
Gustáronnos moito e lle demos as grazas todos xuntos. Queres ver as fotos?

04/05/2009

Actividades para celebrar Abril dos libros e as letras galegas.

Semana 15-24: "Pousando ideas". (Preme enriba das liñas para ver se te atopas nas fotos).
* Ambientación da biblioteca: Móbiles do Sistema Solar con composicións poéticas relacionadas co mesmo.
*Ambientación do centro: murais, exposicións de libros, "libriños sobre o sistema solar", elaborado polos alumnos/as.
*Concurso de mensaxes, titulando os murais.
*Ilustracións das portadas dos libros recomendados na GUÍA do 3º trimestre.
*"UN POUCO DE TODO" : texto ilustrado relacionando " o día do libro, letras galegas, e o Sistema Solar".
*23 de Abril: Día do libro. Lectura colectiva por niveis das composición elaboradas polos alumnos/as. (Ver vídeo a esquerda)

Semana do 27 ó 30 de abril: Actividades de animación á lectura:

*Monicreques e dramatización de contos para Educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria a cargo de alumnos de 3º ciclo.
*Recital de poesías ao 2º e 3º ciclo de primaria a cargo dos alumnos e alumnas de segundo.

20/04/2009

VII FESTA DA CAMELIA NO COLEXIO DE CAMPOLONGO 17-18 DE MARZO


Dende a biblioteca do Centro os nen@s do colexio colaboraron neste evento coa elaboración de poesías inspiradas na Camelia, fai clic enriba da foto para velas todas.


A Festa da Camelia

02/02/2009

Hoxe celebramos no patio do colexio, o día internacional pola Paz.

Recitamos poesías, lemas e cantamos cancións para mostrar o noso desexo de un mundo en Paz.

Aquí podes ver as fotos.