17/11/2008

Aniversario de Xafi

Hoxe os nen@s de infantil e primeiro ciclo do colexio agasallaron a nosa mascota Xafi polo seu aniversario cuns bonitos regalos, e para celebralo asistiron a unha pequena festa cun conta contos: "O poliño da abeleira" realizado polos profes do cole. Así mesmo se lles entregou o carnet da biblioteca para que a partir de agora podan levar contos emprestados.